"Wikitravel has a speed and convenience the books' publishers can only envy." Time Europe

Galician Wikitravel Expedition/Initial Translations/Que é un artigo

From Wikitravel Shared
Galician Wikitravel Expedition : Initial Translations : Que é un artigo
Revision as of 14:02, 13 December 2011 by Xosé (Talk | contribs)

(diff) ← Older revision | Latest revision (diff) | Newer revision → (diff)
Jump to: navigation, search

Para que Wikitravel estexa organizado e sexa consistente existen unhas directrices que indican cando un tema conta cun artigo propio. Aquí entran en conflito dous principios:

  1. Os artigos deberían ser suficientemente autónomos para que os viaxeiros os poidan imprimir, meter no peto e empregar para viaxar.
  2. Ao mesmo tempo, os artigos non deberían ser tan longos que impidan que se lean, impriman ou utilicen.

Polo tanto, eis unhas directrices básicas sobre que temas deberían contar cun artigo propio e os que non. Non hai nada marcado a lume, pero as excepcións deberían contar cunha boa xustificación.

O que si ten artigo propio?[edit]

As unidades xeográficas da xerarquía xeográfica debería ter artigos propios. Hai que facer artigos sobre:

Unha pregunta típica que axuda a determinar se un tema pode ou debe contar cun artigo propio sería "pódese dormir alí?". Aínda que haxa unha chea de hoteis e doutras opcións de aloxamento nunha cidade como Londres, non se pode dormir nun museo o parque desa cidade; eses parques e museus habería que enumeralos como atraccións no artigo sobre a cidade.

Para as rexións só se engade un nivel de rexións cando hai demasiadas cidades ou demasiado contindo na subdivisión existente. Como resultado, a xerarquía rexional de Wikitravel non segue estritamente a de ningunha organización oficial - e frecuentemente é moito máis "chá" que a subdivisión política ou administrativa oficial.

Cos distritos urbanos hai que considerar tamén as recomendacións sobre cando subdividir en distritos - só se crea un artigo separado para un distrito cando haxa contido abondo e os bordos dese distrito estean ben definidos.


O que non ten artigo propio?[edit]

As atraccións individuais non deberían teren artigos propios (en xeral). A súa información haina que enumerar xunto coa da cidade ou, talvez o distrito no que estean. Con moi raras excepcións (mira abaixo), non debería haber artigos sobre:

  • Empresas (hoteis, restaurantes, bares, tendas, discotecas, axencias de turismo, etc.)
  • Museos, estatuas ou outras obras de arte
  • Parques urbanos, prazas e rúas
  • Festas e celebracións
  • Sistemas de transporte ou estacións
  • Persoas
  • Corpos de auga (mira Wikitravel:Corpos de auga)
  • Illas inhabitadas

Preferimos que as atraccións, lugares e celebracións se inclúan no artigo sobre o lugar no que están (mira onde a podes meter para máis detalles). Por exemplo, un lago podería aparecer na sección "Ver" da vila máis próxima e un bar aparecía na sección "Beber" da vila na que está.

Se unha atracción é realmente famosa e pode que os viaxeiros non saiban en que cidade ou rexión está, pódese crear un artigo co nome da atracción como título pero convertilo nunha redirección á cidade ou rexión e pór a descrición no artigo desa cidade ou rexión. Por exemplo, Taj Mahal redirixe para Agra.

Excepcións[edit]

Hai excepcións a calquera regra e Wikitravel non é diferente. Ten presente, porén, que se ti pensas que algo merece unha excepción tes que estar preparado/a para defender a túa idea. Os casos para os que se fan excepcións inclúen atraccións, sitios e acontecementos que están demasiado lonxe (para unha visita de un día) dunha cidade e que requirirían dormir fóra ou tan grandes e complexos que a información sobre eles sobrecargaría o artigo sobre a cidade. Algúns exemplos de excepcións posíbeis inclúen:

... pero non parques que teñen como función primaria o seren lugares recreativos para visitantes de un día
... pero non ruínas individuais perto ou dentro de cidades modernas
... pero non parques de diversións que normalmente se visitan como parte dunha viaxe a unha cidade, como Coney Island ou Tivoli
... pero non os aeroportos metropolitanos ou rexionais típicos
  • Trens turísticos famosos que un viaxeiros collería por si mesmos, como o Tren Transiberiano
... pero non trens empregados só como transporte sen vistas excepcionais ou entretemento especial.

En xeral, unha regra fácil é que a información sobre as atraccións, lugares e celbracións debería sempre situarse inicialmente dentro do artigo do lugar no que están e, só cando a información se fai grande e complexa se debe considerar a posibilidade de crear un artigo novo. Como a maioría das decisións en Wikitravel, o consenso debe guiar ese proceso, aínda que tendamos a errar do lago da consistencia e non facer esas excepcións a non ser que sexa imprescindíbel. Antes de encetar un artigo baseado nunha das excepcións anteriores, inicia unha discusión para explorar se procede.

Outros tipos de artigos[edit]

Alén dos mencionados, as categorías seguintes contan con artigos propios:

Cando haxa dúbidas[edit]

Canda teñas dúbidas deixa unha mensaxe na taberna dos viaxeiros ou simplemente mergulla a fondo e crea o artigo. Sempre haberá alguén que resposte a túa pregunta ou corrixa os erros.


Mira tamén[edit]


Template:WikitravelDoc

Variants

Actions

In other languages