The center for all Wikitravel images!

Difference between revisions of "Galician Wikitravel Expedition/Initial Translations/Outras maneiras de ver as viaxes"

From Wikitravel Shared
Galician Wikitravel Expedition : Initial Translations : Outras maneiras de ver as viaxes
Jump to: navigation, search
(Translated from en)
 
m (User:Xosé/Outras maneiras de ver as viaxes moved to Galician Wikitravel Expedition/Initial Translations/Outras maneiras de ver as viaxes: Initial translations go here before the Galician Expedition is created)
 
(No difference)

Latest revision as of 14:03, 13 December 2011

A xerarquía xeográfica é un dos xeitos posíbeis de pensar e organizar os artigos de viaxes - subdividir as grandes zonas da superficie esférica da Terra en zonas cada vez máis pequenas até chegar a zonas tan pequenas que non merezan teren un artigo propio. Mais este é só un xeito posíbel de pensar os artigos de viaxes e para formar meta-artigos que agrupen outros. Algúns destes outros xeitos aparecen aquí embaixo; probabelmente haxa máis.

Itinerarios[edit]

Mira tamén: Lista de itinerarios

Un itinerario visualiza un grupo de destinos seguindo unha división temporal no canto de espacial. Por exemplo, Verán en Europa ou Un mes no Vietnam poderían enumerar algunhas cidades e países que visitar durante ese período de tempo, con recomendacións sobre lugares para quedar. Fin de semana en Nova Iorque podería enumerar varios itinerarios en Long Island, Connecticut ou outros destinos.

Outros itinerarios poden atravesar rexións xeográficas e seguir tendo un roteiro ben definido. O Camiño de Santiago e a Ruta 66 son dous exemplos claros.

Temas de viaxe[edit]

Mira tamén: Temas de viaxe

Non todos os viaxeiros andan á procura de aventura en xeral e museos de arte. Tamén ten sentido pensar nos problemas relacionados coas viaxes - Viaxeiros con dificultades, Emerxencias para viaxeiros, Viaxes gay e lésbico, Lúas de mel, Viaxar con rapaces ou actividades de viaxe - golf, mergullo, etc. Parte da información sobre eses temas pode ir nas descricións xeográficas, mais outra información máis xeral pode merecer un artigo propio.


Template:WikitravelDoc

Variants

Actions

In other languages