"Wikitravel has a speed and convenience the books' publishers can only envy." Time Europe

Galician Wikitravel Expedition/Initial Translations/Manual de estilo

From Wikitravel Shared
(Redirected from User:Xosé/Manual de estilo)
Jump to: navigation, search

Contents

Este Manual de estilo é unha colección de regras básicas e directrices para que Wikitravel sexa consistente. A maioría destas regras teñen excepcións, pero se se quere realizar unha obra colectivamente o mellor é seguir algunhas normas a non ser que sexan claramente inadecuadas en determinados contextos.

O manual subdivídese en páxinas para que esta non se sobrecargue de texto excesivo. Telas en páxinas propias facilita atopar e actualizar as regras ou conceptos individuais. Por último, resulta máis útil para todos cando se precise mencionar o uso dunha regra en concreto na páxina de conversa dun artigo.

Se a vista de todo este material fai que che dea voltas a cabeza e che bote para atrás, por favor, mergulla a fondo e comeza a compartir os teus coñecementos directamente. Haberá outros wikiviaxeiros que veñan e adecúen as túas colaboracións ao indicado na guía de estilo.

De teres dúbidas sobre algún detalle específico do manual ou de teres necesidade de que algo se modifique/corrixa/clarifique, emprega a páxina de conversa da sección específica. Hai unha lista de temas en discusión aquí.

[edit] Estrutura

Esta sección do manual inclúe regras sobre a estrutura de Wikitravel como un todo.

[edit] Formato

Estas son as regras sobre a estrutura de artigos individuais, ou sexa, describen como coller a información en cru e colocala nun formato que sexa de utilidade para os viaxeiros.

Organización dos artigos:

Formato do contido:

Ligazóns:

Listas:

[edit] Escrita

Este conxunto de regras describe como escribir palabras, oracións e parágrafos.

[edit] Mira tamén

Template:WikitravelDoc

Personal tools
Namespaces

Variants
Actions
Navigation
RSS
Toolbox
In other languages