"Wikitravel has a speed and convenience the books' publishers can only envy." Time Europe

Galician Wikitravel Expedition/Initial Translations/Usar as páxinas de conversa

From Wikitravel Shared
Galician Wikitravel Expedition : Initial Translations : Usar as páxinas de conversa
Jump to: navigation, search

Todos os artigos de Wikitravel teñen unha páxina de conversa asociada para falar dese artigo. As páxinas de conversa non son canais de chat ou blogues para comentar; están aí para coordinar decisións editoriais, suxerir material novo que se podería considerar e, en xeral, para colaborar na creación dun gran artigo. Para preguntas, comentarios ou historias persoais sobre un destino ou tema, vai a Wikitravel Extra.

Se dispós de información nova para un artigo, por suposto, mergulla a fondo e edita a páxina. Mais, se hai varias persoas a traballar nun artigo pode ser útil empregar a páxina de conversa para distribuír o traballo e suavizar as diferenzas.

Formato das páxinas de conversa[edit]

Pódese ir á páxina de conversa dun artigo premendo a lapela conversa cando se le ese artigo.

As páxinas de conversa edítanse igual que calquera outra páxina de Wikitravel; consulta como editar unha páxina para máis instrucións. Cando empregues páxinas de conversa engade os novos parágrafos no fondo da páxina.

Se xa hai conversas na páxina pode axudar engadir unha sección nova. Pódese engadir o botón [ + ] que hai a carón da lapela "editar", de habelo, ou crear unha sección manualmente así:

==Nomes en chinés==

... para que haxa unha distinción visual entre os temas en discusión.

Deberías asinar os teus comentarios nas páxinas de conversa para que as demais persoas saiban con quen están a falar. Simplemente escribe catro tildes ao final deles ("~~~~"), e automaticamente aparece a túa asinatura co teu nome de usuario, a hora e a data.

As respostas ao que digan os demais deberían ter unha sangría. Para iso empréganse os dous puntos (":") ao comezo do parágrafo e a sangría aumenta automaticamente. As respostas ás respostas deberían levar dúas sangrías (dous dous puntos); as respostas ás respostas ás respostas deberían levar tres sangrías. Cun pouco de sorte non habería que chegar máis lonxe nunha discusión pero se é así, en fin, vaia, pois que habería que continuar dese xeito.

Páxinas de conversa dos usuarios[edit]

A páxina de discusión dunha páxina de usuario é especial; chámase páxina de conversa do usuario. Pódense empregar as páxinas de conversa dun usuario para lle deixar unha mensaxe persoal a alguén. Non esquezas que son de acceso público e que calquera as pode ler. Tenta que as conversas sobre un artigo determinado fiquen na páxina dese artigo.

A taberna dos viaxeiros[edit]

Se hai algo sobre o que desexes falar sobre Wikitravel en conxunto, a Taberna dos viaxeiros é un bo sitio para deixares os teus comentarios. Tamén se pode engadir unha nota estilo páxina de conversa no Libro de rexistro (en inglés) premendo "Rexistro de hoxe" na barra de navegación da esquerda.

Solicitudes de comentarios[edit]

Se consideras que un tema precisa de máis atención, pódelo engadir á páxina de solicitudes de comentarios para que reciba máis atención.

Etiqueta[edit]

Co paso dos anos foron aparecendo certas convencións sobre etiqueta. Velaquí algunhas:

  • Ao contrario do que acontece no resto de Wikitravel, considéranse malos modais cambiar o que alguén escribiu nunha páxina de conversa - mesmo para corrixir a ortografía ou a gramática.
  • Porén, normalmente é correcto cambiar o que ti' escribiches na páxina de conversa se, por exemplo, cometiches erros de ortografía ou de gramática.
  • Se nun acceso de ira escribiches algo que lamentes, retírao logo de que se che pase.
  • E esquece e perdoa cando alguén cambio un comentario ofensivo para algo máis amábel e produtivo.
  • Como excepción, considérase maleducado eliminar un comentario se alguén respondeu. Fai que este pareza ridículo (en consecuencia: pénsao ben antes de escribir).
  • En xeral, as conversas non se eliminan da páxina de conversas senón que se arquivan cando se fan vellas ou xa non relavantes. Para arquivar conversas simplemente crea unha páxina nova, como Aminhapaxina/Arquivo e copia nela as discusións anteriores.

Desvaríos[edit]

Se tes que desvariar, hai unha morea de sitios na internet para o facer. É verdade que todos temos dereito a pasarnos nalgún momento, pero os desvaríos nas páxinas de conversa que non se poidan aturar serán eliminados sen contemplacións.

{{WikitravelDoc|help}

Variants

Actions

In other languages