"Wikitravel has a speed and convenience the books' publishers can only envy." Time Europe

Galician Wikitravel Expedition/Initial Translations/Sobre Wikitravel

From Wikitravel Shared
Jump to: navigation, search

Wikitravel (http://wikitravel.org) é un proxecto para crear unha guía de viaxes mundial libre e gratuíta, completa, actualizada e fiábel. Constrúese coa colaboración de wikiviaxeiros de todo o mundo.

Wikitravel está construído co espírito de compartir o coñecemento que fai que as viaxes sexan tan agradábeis. Sempre que os viaxeiros se atopan no camiño intercambian información sobre os lugares aos que van. Queremos que sexa doado compartir ese coñecemento e que outros o compartan; a nosa licenza copyleft significa que o que ti saibas se poida difundir e chegue lonxe.

O proxecto encetárono en xullo de 2003 os seus dous fundadores, Evan e Maj. Inspirouse na Wikipedia, a enciclopedia libre, e na necesidade de informacións actualizadas sentida por moitos viaxeiros que os longos ciclos de produción das guías impresos non poden satisfacer. En abril de 2006, Wikitravel e World66, outra wiki de viaxes, foron adquiridas por Internet Brands, Inc., un operador de sitios web de información ao consumidor.

Para crear a Wikitravel empregamos unha ferramenta (ou proceso ou tecnoloxía) chamada wiki, que permite que calquera usuario da Internet poida crear, actualizar, modificar e ilustrar calquera artigo dun sitio web. Todos compartimos aquilo que sabemos, editámolo, destilamolo e reunímolo nun todo agradábel e cohesionado. Cantas máis persoas usaren a ligazón Editar, mellor será Wikitravel.

Xa demos algúns pasos importantes, mais aínda hai un longo camiño por percorrer. Se acabas de chegar a Wikitravel, séntete libre de mergullar a fondo e bota unha man!

Wikitravel Shared[edit]

Agora estás na sección Shared ("compartida") deste sitio, que funciona como almacén de imaxes e punto central de coordinación para as versións en todas as linguas. A guía de viaxes en galego está en http://wikitravel.org/gl; consulta Language versions para veres a lista completa das versións.

Mira tamén[edit]

Variants

Actions

In other languages

other sites