"Wikitravel has a speed and convenience the books' publishers can only envy." Time Europe

Galician Wikitravel Expedition/Initial Translations/Preguntas frecuentes

From Wikitravel Shared
Jump to: navigation, search

Contents

Velaquí algunhas das anticipadas e temidas preguntas que os wikiwiaxeiros teñen escoitado ou pensan que poden escoitar ou se preguntan a si mesmos.

Se non atopas aquí unha resposta ás túas cuestións, pregunta na taberna dos viaxeiros.

Preguntas xerais[edit]

Que é Wikitravel?[edit]

Wikitravel é un proxecto para crear unha guía de viaxes mundial libre, completa, actualizada e fiábel. Está construída en colaboración por wikiviaxeiros de todo o mundo. Podes ler máis sobre Wikitravel na páxina sobre Wikitravel.

(Meu, esa era das fáciles!)

E vós quen sodes?[edit]

Somos wikiviaxeiros. Persoas de todo o mundo dedicadas a tornar a Wikitravel na melloriña das guías de viaxe. A maioría de nós chegou aquí por acaso, coma ti, e decidimos compartir os nosos coñecementos.

Pero quen edita e organiza todo isto?[edit]

Nós mesmos, os wikiviaxeiros. Creamos artigos e editámolos e organizámolos en xerarquías e ligámolos entre si e creamos páxinas de navegación e cousas polo estilo.

Daquela, calquera pode chegar pola Internet e comezar a escribir artigos de viaxes?[edit]

Esa é a idea, así é. Empregamos unha técnica chamada Wiki que permite que calquera que lea poida editar unha páxina instantaneamente.

Iso non funciona na vida[edit]

Bla, bla. Iso non é unha pregunta.

Como se espera que iso funciona?[edit]

Parece que non podería, non si? Se calquera pode modificar unha páxina, a cousa vaise converter simplemente nun caos terríbel, non é? Loucura, desorde e unha morea de comentarios inútiles.

Por estraño que pareza, non é así. As persoas que se preocupan de dispor de artigos de viaxes ben escritos neste sitio son a maioría. Quen pretende só vandalizar ou eliminar cousas finalmente cansan da idea - e, haino que admitir, tampouco é tanto reto - e os demais volvemos e limpamos.

A outra parte grande é que os wikis converxen. Un wikiviaxeiro engade todo o que sabe sobre un tema e outros comezan a engadir máis información. Outros aparecen e condénsano todo para que sexa cómodo de ler. Segundo o tema vai mudando - abren hoteis novos nunha cidade, establécense rutas de autobús novas entre rexións - máis wikiviaxeiros poden ilo engadindo.

É estraño e non ten moito sentido, mais é o que acontece de veras. É fascinante.

Pois aínda non o creo.[edit]

Bla, bla.

Tendes algunha proba de que isto funciona?[edit]

Ben, temos a proba de que existen outros proxectos que crean materiais de referencia colaborando. Probabelmente o máis famoso é a Wikipedia, a enciclopedia libre. Moitas das nosas políticas e directrices foron emprestadas dese proxecto.

O que queirades, todo moi hippy e libre e compartir e iso, pero quen manda realmente?[edit]

Ti. Calquera wikiviaxeiro pode mudar os artigos, reescribir as zonas de navegación, mesmo substituír información sobre o sitio mesmo. Tentamos chegar a decisións sobre as políticas e as directrices colaborativamente, mais se ti tes unha boa idea sobre como deberías traballar, mergulla a fondo e fáinolo saber.

Dito isto, hai tamén algúns wikiviaxeiros que levan traballando neste sitio moito tempo e que poden se tornar administradores. En xeral, os administradores teñen un nivel de acceso máis alto - como eliminando de vez as páxinas no canto de baleiralas, mais non moito máis. É máis unha carga do que un privilexio.

En situacións realmente extrema, os operadores do sitio Internet Brands, Inc establecerán algunhas regras e preceptos. Mais normalmente simplemente decidimos por nós mesmos e parece que funciona.

A quen pertence o sitio. Quen opera os servidores?[edit]

O contido do sitio é propiedade dos colaboradores de Wikitravel; cada un ten o copyright das súas propias aportacións e licéncianas de acordo coa licenza Creative Commons by-sa. Se atopaches unha foto ou outra obra dun colaborador único de Wikitravel e gostarías de usala baixo termos distintos dos desa licenza, ponte en contacto directamente co creador desa obra.

Os nomes de dominio wikitravel.org, wikitravel.net e wikitravel.com e o equipo no que funciona o sitio é propiedade de Internet Brands, Inc e son eles quen o fan funcionar. Wikitravel™ é unha marca comercial de Internet Brands.

Quen paga por todo isto?[edit]

Internet Brands paga as facturas. O sito recupera o seu custo mediante anuncios e mediante guías de viaxe impresas.

Wikitravel non acepta directamente diñeiro de ningunha atracción, restaurante, hotel, operador turístico ou ningunha outra empresa relacionada coas viaxes a cambio de referencias favorábies (porén, poden colaborar doutras maneiras).

Podo desactivar a publicidade?[edit]

Se creaches unha conta podes desactivar os anuncios; simplemente vai a "Wikitravel > Non mostrar a columna dos anuncios" nas túas preferencias.

Cal é o software sobre o que se executa?[edit]

Empregamos MediaWiki, o software desenvolvido para a Wikipedia, con algunhas alteracións pequenas para Wikitravel. Pódese obter en http://www.mediawiki.org/ .

Como se escribe "Wikitravel"?[edit]

Como o ves escrito: "W" inicial maiúsculo e "t" do medio en minúscula - tenta evitar a tentación e polo en maiúscula.

Como se pronuncia "Wikitravel"?[edit]

Pode ser "uiqui-trabel" ou algo así.

Onde está a información de contacto?[edit]

Non a hai. Se tes unha pregunta sobre un artigo en particular, faina na páxina de conversa dese artigo. Se tes unha pregunta sobre Wikitravel en xeral, faina en inglés en no pub dos viaxeiros.

Preguntas sobre o contido[edit]

Este artigo está todo errado! Téndelo que arranxar![edit]

Isto é un wiki - ti mesma/o podes arranxalo! Preme a ligazón editar esta páxina e corrixe as partes que sabes que están mal. Iso é todo.

Ando na busca de Tema X mais non hai ningún artigo sobre el![edit]

Hai partes do globe sobre as que aínda ninguén pensou en escribir. Se consideras que tes información que aportar, gl:Wikitravel:mergulla a fondo|síntete á vontade]] de crear unha páxina.

Tamén podes engadir unha solicitude para un artigo sobre ese tema.

Ando na busca de Tema X e o único que hai ná páxina é unha frase![edit]

Algúns temas só teñen un esbozo sobre eles e hai partes enteiras do planeta sobre as que só se acaba de comezar a traballar. Se consideras que non hai información abondo sobre un tema, síntete á vontade de engadir máis.

Ando na busca de Tema X e o único que hai escrito é "asdfkjadflkjfd CARAFIO"![edit]

Iso é típico vandalismo. Xa sabes: síntete á vontade e elimina o lixo do vándalo.

Asegúrase de que comprobas o historial do artigo (hai unha ligazón "historial" na parte superior da páxina) e mira na segunda ou terceira revisións enumeradas para asegurarte de que non hai contido que fose limpado. Podes editar, engadir e gravar esa versión para manter o contido orixinal.

Teño unha idea para un artigo mais non sei exactamente como comezar.[edit]

Vai a como comezar unha páxina nova.

Teño información que quero compartir, mais non sei que facer con ela.[edit]

A documentación sobre os modelos de artigos explica os títulos das seccións e como se organizan os artigos. Tamén dispomos dunha páxina que indica onde podes metela.

O artigo sobre o meu destino está moi ben, mais aínda teño algunhas preguntas.[edit]

Mira se ese destino ten un "docente". Así é como chamamos os wikiviaxeiros que se teñen ofrecido voluntarios para responder preguntas sobre os seus lugares favoritos. Pregúntalles a eles, pero sen abusar da súa xenerosidade!

Preguntas sobre a edición[edit]

Isto é todo código informático incomprensíbel. Como se editan estas páxinas?[edit]

As páxinas de Wikitravel están formatadas con marcaxe wiki. Parece estraño ao principio, mais é doado afacerse a ela. Consulta como editar unha páxina.

Como se envía unha imaxe para usala nun artigo?[edit]

Hai que seguir as instrucións sobre como enviar ficheiros.

Como se coloca unha imaxe xa enviada dentro dun artigo?[edit]

Hai que seguir as instrucións sobre como engadir unha imaxe.

Ei! Escribin este artigo tan bon sobre Tema X e cambiárono! Como se atreven?![edit]

Calquera wikiviaxeiro pode modificar calquera páxina. Cando envías un artigo, vai estar sexeito a edición despiadada polo seu estilo, asunto, ortografía, información factual e mesmo a súa adecuación ao esquema xeral de Wikitravel. Se iso non che gusta non deberías traballar en Wikitravel.

Ei! Cambien este artigo tan bon sobre o tema Topic X para como estaba antes e cambiárono de novo! Como se atreven?![edit]

Tes que ir á páxina de conversa do tema sobre o que estás a escribir e averiguar cales son as túas diferenzas cos demais editores do artigo. Por favor, non entres nunha guerra de edicións.

Como se elimina unha páxina enteira?[edit]

En primeiro lugar, considera se a páxina realmente necesita ser eliminada. Talvez se poida redireccionar a algo que sexa útil para quen a lea?

Se si que hai que eliminar a páxina, o procedemento é algo máis complexo. Vai a Votacións para eliminación e engade unha ligazón á páxina xunto cunha razón para eliminala. Pasados catorce días de discusión, a páxina eliminarase a non ser que se consensúe que deba seguir existindo.

Como se asina unha contribución?[edit]

Ao publicar unha mensaxe na páxina de conversa é costume asinala co nome de usuario e a data para que todos saiban quen es (por exemplo: "User 15:35, 6 May 2005 (EDT)"). Para que este texto apareza automaticamente, simplemente escribe catro tildes ("~~~~"), e o sistema substituiraas polo teu nome de usuario e a data e hora na que se publica a mensaxe.

Preguntas lingüísticas[edit]

Ash blash g'nash foosh manoosh?[edit]

O que?

Perdón, non falo galego ben. Podo escribir artigos na miña lingua en Wikitravel?[edit]

Si, de existir unha versión separada de Wikitravel na túa lingua. Consulta Language versions para a lista actual.


Pero o meu galego é terríbel. Teño medo de estragalo.[edit]

Que non che amole o teu nivel de galego. Os erros que cometas, sexan ortográficos, de vocabulario ou de expresión, van ser corrixidos por alguén que saiba máis. O importante é compartir os teus coñecementos!Template:WikitravelDoc

Variants

Actions

In other languages

other sites