"Wikitravel has a speed and convenience the books' publishers can only envy." — Time Europe
Galician Wikitravel Expedition/Initial Translations/Mergulla a fondo
From Wikitravel Shared
Galician Wikitravel Expedition : Initial Translations : Mergulla a fondo
Ser viaxeiro require valor, confianza nun mesmo e perseveranza. Ser wikiviaxeiro require as mesmas calidades. Agardamos que mergulles a fondo na tarefa de crear, editar e ilustrar os artigos de Wikitravel. Ti podes editar calquera artigo de Wikitravel, e agardamos que o fagas. Precisamos dos teus coñecementos, da túa experiencia, do teu talento e da túa atención.
Mergullarse a fondo significa:
- Ser seguro. Os teus coñecementos e experiencia contan! Hai poucos "expertos en viaxes", de habelos, en Wikitravel (de existiren nalgún sitio...), así que non te preocupes de non ser bo/a abondo. Queremos a túa axuda.
- Experimentar. Non se pode estragar moito de maneira permanente en Wikitravel. Se algo se estraga en serio, haberá outros wikiviaxeiros que veñan e o arranxen.
- Facer o que sexa correcto agora. Non hai que crear un artigo perfecto e completo da primeira vez. Abonda con faceres unha contribución rápida ou engadir un esquema básico se non existe un artigo sobre a túa vila favorita. Anota o que penses e deixa que outros o expandan. Así é como funcionan os wiki!
- Ignora a autoridade. Tes tanto dereito a editar calquera cousa en Wikitravel como quen sexa. Non te molestes en preguntar se está ben editar algo. Está ben!
Así que, mergulla a fondo! Quen sabe, pode que até che guste!

