The center for all Wikitravel images!

Galician Wikitravel Expedition/Initial Translations/Directrices da portada

From Wikitravel Shared
Jump to: navigation, search

A Portada é o punto de entrada a Wikitravel da maioría dos lectores infrecuentes. Deberíanos mostrar o mellor que se poida, polo que hai que se esforzar no seu deseño para que inclúa unha mistura de información que vaia cambiando. Calquera usuario rexistrado pode editala mais, debido á complexidade do seu deseño, hai que ter tento ao facelo.

  • Destino do mes e Fóra do camiño trillado son dous artigos en destaque que mudan a cada mes (os días 1 e 15, respectivamente). Estes artigos selecciónanse con antelación en [Ẁikitravel:Candidatos a destino do mes]]. Se desexas editar o texto ou substituír a imaxe, pódelo facer, pero tenta ben non alterar o deseño xeral da páxina.
  • Descobre realza curiosidades interesantes e habitualmente estrañas sobre os lugares descritos nas guías de Wikitravel. Estes elementos tamén se seleccionan con antelación e engádense a unha fila de elementos vindeiros en Wikitravel:Descobre. Esta sección non se actualiza na Portada mesma, senón nun modelo que se inclúe automaticamente na Portada.
  • Novas de viaxe mostra as tres noticias máis recentes relacionadas coas viaxes. Estes elementos non se seleccionan normalmente con antelación (por razóns obvias), senón que se poden engadir en Novas de viaxe. Actualizar esta sección na Portada ten o seu aquel de perigoso e só se debería tentar despois de ler Como engadir novas de viaxes.
  • Colaboración do mes é un artigo de destino único seleccionado para ser o centro dun esforzo concertado en melloralo. Os artigos selecciónanse con antelación en [Ẁikitravel:Colaboración do mes]] e este elemento modifícase mensualmente, obviamente.
  • Artigos "con estrela" máis recentes é unha lista dos oitos artigos máis recentes que foron declarados de calidade. Os artigos con estrela selecciónanse e avalíanse en Wikitravel:Selección de artigos con estrela e esta sección modifícase cando un artigo pasa por este procedemento.

O resto da Portada non habería que modificalo sen discutilo antes coa comunidade.


Template:WikitravelDoc

Variants

Actions

In other languages