Galician Wikitravel Expedition/Initial Translations/Categorías
From Wikitravel Shared
O software empregado en Wikitravel, MediaWiki permite organizar os artigos dunha wiki en categorías. Porén, ao contrario da Wikipedia, Wikitravel optou por non empregar esta funcionalidade, excepto dun modo moi limitado.
[edit] Xeografía
Para indicar que unha cidade está nunha rexión, o estilo de Wikitravel non é [[Categoría:Rexión]]; no canto disto, empregamos o modelo especial {{isPartOf|Rexión}} para crear un ronsel. Ao contrario das categorías, isto crea un menú xerárquico moi xeitoso en cada páxina e as relacións séguense podendo analizar automaticamente mediante RDF.
[edit] Estado dun artigo
Actualmente, os únicos usos aprobados das categorías están nas etiquetas Estado dos artigos e mantemento. Estas categorías organízanse automaticamente cos modelos, non son os usuarios manualmente.

